Xerardo Conde advirte que devolver a subvención de Industria nos costa 18.000 euros
A subvención hai que devolvela con intereses de demora, o que vai supoñer ó Concello un custo adicional duns 18.000 euros aproximadamente
O voceiro do Grupo Muncipal Popular no Concello de Santiago, Xerardo Conde Roa, advertiu hoxe que devolver ó Ministerio de Industria a subvención que este tiña ingresada por non facer o proxecto Santiago de Compostela, ciudad de la madera , vainos custar 18.000 euros aproximadamente, porque hai que devolvela con intereses de demora.
Conde Roa manifestou hoxe que perder unha subvención do Ministerio de Industria por non facer un programa “é un exemplo máis da absoluta falla de xestión que caracteriza ó Concello, da deixadez por parte dos concelleiros e sobre todo da improvisación á hora de presentar un plan".
Conde Roa engadiu asemade que tal e como figura na dirección que podes consultar premendo enriba deste enlace CIDADE DA MADEIRAo progama tiña unha subvención moito máis importante que a ingresada polo Ministerio, en total 498.500 euros, porque a segunda parte se pagaría unha vez presentado este.
Para o voceiro popular “o que carece absolutamente de sentido e é unha irresponsabilidade manifesta é usar o nome de Santiago de Compostela para presentar un proxecto e que logo se deixe caducar a subvención e haxa que devolvela".
“Este é un claro exemplo, unha vez máis, de que non existen gañas de traballar, de poñer novas ideas en marcha, e sobre todo da falla de xestión terrible no Concello".
O voceiro popular indicou que dende o Grupo Municipal Popular estase tentando recoller toda a documentación posible que sexa necesaria para comprobar que sucedeu, aínda que todo apunta a que estamos diante dun caso de “absoluta falla de previsión que ó final van a pagar unha vez máis os composteláns porque haberá que devolver a subvención cos correspondentes intereses de demora".